Monday 13 de May de 2024

Presentada a candidatura de Alternativa no Concello de Cambre


O candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía de Cambre, Raúl Varela, presentou ás persoas que o acompañarán na lista electoral para as próximas eleccións municipais nun acto celebrado en Villa Concepción. Manuel Castro, Olga Santos, Eva Acuña, Sandra Sánchez e Óscar Roca ocupan os seguintes postos na lista electoral.

Raúl Varela defendou a política da Alternativa en Cambre como un proxecto real e realizable que se fixa nas necesidades do día a día dos veciños e veciñas de Cambre. “O noso proxecto básase na política social, tan abandonada estes últimos anos; na posta en marcha dun plan de modernización e desenvolvemento de servizos públicos e equipamentos de calidade,Políticas activas para la juventud y la tercera edad y el deporte.”, afirmou.

Tamén interviu a número 5 da candidatura, Sandra Sánchez, e o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, que afirmou que o obxectivo é contribuir á derrota nas urnas do actual Goberno. “Non podemos permitirlles que sigan utilizando o Concello para satisfacer intereses particulares, maltratando e desatendendo as necesidades do conxunto dos veciños e veciñas”, dixo García Seoane.

A lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Cambre está formada por:

1.RAUL VARELA FRAGUIO
2️. MANUEL CASTRO UZAL
3️. MARIA OLGA SANTOS LOPEZ
4. EVA OTILIA ACUÑA VECINO
5. SANDRA SANCHEZ VIEITES
6. OSCAR ROCA ROCA
7. JOSE ENRIQUE PAZOS GONZALEZ
8. PILAR COVADONGA CRUZ FERNANDEZ
9. LORETO TAIBO RAMA
10. VIVIANA BLANCO SUAREZ
11. OSCAR SOUTO PARDO
12. IVAN CALVO MEJUTO
13. ARANZAZU BLANCO SUAREZ
14. ANA CRISTINA LIMIA BLANCO
15. CRISTIAN VIDAL GOMEZ
16. MARIA ESTHER BARJA VAZQUEZ
17. MARCOS BUGALLO SOUTO
18. MARIA TERESA PEÑA TUÑON
19. DANIEL DOMINGUEZ VARELA
20. JOSE ANGEL PAN VARELA
21. ALBERTO LOPEZ BEIRO
SUP: MARIA ELENA ELADIA PINTOR NUÑEZ
SUP: RAMON CALVO MORETA
SUP: JOSE RAMON SOUTO LOPEZ
SUP: CARLOS CLAVERO LOPEZ
SUP: MARIA JESUS RODRIGUEZ FERNANDEZ